- A auga de San Xoán leva o
viño e tolle o pan.
- A cea de viño, almorzo de
auga.
- A chuvia en San Xoán tolle
o viño e non dá pan.
- A viña vella, amo novo.
- Abade que foi monaquillo ben sabe
quen bebe viño.
- Algo ten a auga cando a bendicen
¡máis terá o viño cando o consagran!
- Amigos da taberna, amigos da merda.Anque
teño mala a perna be sei onde esta a taberna.
- Ao pan, pan e a o viño, viño
- Ao que bebe viño cheiralle
o fuciño.
- Auga por San Xuan, quita viño
e non da pan.
- Cando a formiga traballa, viño
na parra.
- Castigo de Deus lle veña a
unha botella sin viño, a unha rapaza sin noivo e
a unha pota sin touciño.
- Cava fondo e terás anada dabondo.
- Cáveme quen quixer e pódeme
quen souper.
- Con pan e viño ándase
o camiño.
- De mal viño non sae bo vinagre.
- Día de San Martiño
proba o teu viño.
- Do tinto non me arrepinto, do blanco
non me espanto, o Jaén veña tamén.
- Maio come trigo e agosto bebe viño.
- Mentres que auga teña o Miño
no Ribeiro non faltara o viño.
- Na noite de san Xoán, bebe
viño e come pan.
- Nin ola sin touciño, nin xantar
sin viño.
- O aceite das cepas cura moitas doenzas.
- Ó amigo do teu viño
non o queiras de veciño.
- Ó bo taberneiro denantes de
vender o viño bautizao primeiro.
- O bo viño dase de beber en
cristal fino.
- O leite e o viño fan o vello
mociño.
- O que cava e bima fará boa
vendima.
- O que cava e bima, fai boa vendima.
- O que non fuma nin bebe viño
o demo o leva por outro camiño.
- O que non ten casa, nin viña,
nin leira, avecíñase onde queira.
- O que se promete co viño,
olvidase polo camiño.
- O viño afoga a mais homes
que o mar.
- Ó viño das cepas vellas
quenta as orellas.
- O viño fíxose pos reis
e a auga pos bueis.
- O viño que é chispeiro,
non precisa pregoeiro.
- O viño tamén se fai
de uvas.
- Onde entra o beber, sae o saber.
- Os homes son coma os viños:
a idade agria ós malos y mellora os bos.
- Pan de onte, carne de hoxe e viño
de antano: saúde para todo o ano.
- Poda curto e ara fondo, terás
viño e pan dabondo.
- Poda en xaneiro vendima no sombreiro.
- Polo Pilar os nabos na terra e o
viño a envasar.
- Polo San Martiño abaldoa o
teu viño.
- Polo San Mateo vendima arreo.
- Por Santiago xa pinta o bago.
- Que chova que neve, quen ten sede
bebe.
- Quen en marzo non pode a súa
viña, perde a vendima.
- Quen non guste do viño, de
Deus espere o castigo.
- Quen troca odre por odre, algun deles
ha de ser podre.
- San Migueliño das uvas maduras,
tarde me ves e pouco me duras.
- Santiaguiño pinta o viño,
San salvador pintao mellor. (Santiago 25 julio, San Salvador
6 de agosto).
- Saúde, diñeiro e bo
viño, e irme a gloria de camiño.
- Se trona en xaneiro sube as cubas
ó fumeiro.
- Si queres coller bo viño pranta
a viña cara o soliño.
- Tabaco, viño e muller botan
un home a perder.
- Taberna sin xente ben pouco vende.
- Uva mollada pra viño non val
nada".
- Vento, muller e fortuna, mudables
coma a lua
- Viña ó pé do
camiño ten mal veciño.
- Viño de viñas bellas,
que ben te tomo e que mal me deixas.
- Viño e amores, de vello os
mellores
- Viño e muller, danche a volta
e póñente ó revés.
- Viño quitado,bebelo ou tiralo.
- Xamón e viño
bello, estiran o pelexo.
|