InicioNovas e AvisosEmpresasFormación e EmpregoEscola VirtualViñas e ViñosEconomía

Denominacións de Orixe galegas
Adegas
Viñas e viños do mundo
Paisaxes do viño
Refraneiro popular  



DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRO

Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro
Baixada de Oliveira, s/n
32400 Ribadavia (Ourense)
Tlf: 988471015
Fax: 988471352

Normativa.
Regulamento aprobado polo MAPA, Orde do 02-02-1976. Consello regulador elixido democraticamente no verán de 1996 (Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e P.A.do 10-05-1996).
Lexislación Orde do 02-02-1976.

Marco Xeográfico.
A zona amparada para a producción de viño con Denominación de Orixe Ribeiro atopase na parte occidental da provincia de Ourense, da cal forman parte os concellos de Ribadavia, Arnoia, Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Leiro, Cenlle, Beade, Punxín e Cortegada; as parroquias de Banga, Cabanelas e Varón do concello de Carballiño; as parroquias de Pazos, Albarellos, Laxas, Cameixas e Moldes do concello Boborás; os lugares de Santa Cruz de Arrabaldo e Untes do concello de Ourense; os lugares de Puga, Igrexa de Puga,Olivar, os pobos de Feá, Celeiro e a parroquia de Alongos do concello de Toén; os lugar de Touza do concello de San Amaro.

Clima.
O clima é de tipo marítimo templado ou Atlántico de Transición (Yglesias, 1983), con temperaturas baixas en inverno, certo risco de xeadas primaverais e altas temperaturas durante os meses de verán. As precipitacións oscilan entre 800 a 1.000 mm anuais.

Solos.
Os solos son principalmente graníticos, inda que tamén aparecen solos derivados de xistos micáceos e micaxistos nunha parte importante do Concello de Castrelo de Miño, que dan como resultado solos máis profundos, mais ricos en materia orgánica e de texturas menos areosas. O viñedo asentase en zona de ladeiras, que se corresponden cos “Ribeiros” –onde se adoitan alcanzar mellores calidades- e en zoas chans, que se corresponden can superficies de aplanamento –de maior altitude- e cas veigas, a carón dos ríos que bañas a comarca.

Variedades.

Variedades autorizadas na D.O. Ribeiro

 

Brancas

Tintas

Preferentes

Treixadura

caíño

Autorizadas

Torrontés, Godello, Loureira, Albariño, Palomino, Macabeo, Albilla

Ferrón, Sousón, Mencía, Brancellao, Garnacha, Tempranillo

Tipos e características dos viños.

Características organolépticas
Os viños do Ribeiro, contan cunha sona e tradición milenarias constitúen unha parte fundamental da historia e da cultura da comarca.

Os viños, frescos, lixeiros e gráciles, presentan sorprendentes combinacións de exquisitos aromas florais e afrontados, posúen unha acusada personalidade que os fai completamente diferentes.

De certo a frescura e a lixeireza dos viños do Ribeiro, supoñen unha aptitude especial para acompañar a calquera alimento. Así pódense recomenda-los brancos para a compaña de pescados e mariscos e os tintos son ideais para carnes lixeiras e cocidas.

Dentro dos viños do Ribeiro destacan os elaborados a base de variedades autóctonas, fundamentalmente Treixadura e Torrontés, que dan uns viños brancos característicos pola súa calidade e amplitude de matices. Estes viños deben consumirse no primeiro ou segundo ano, ó non ser sometidos a proceso de envellecemento.

No caso dos viños tintos, cando se elaboran con variedades como Caíño, Sousón, Brancellao, etc., os niveis alcanzados tamén son aceptables, desde o punto de vista de obter viños cheos de xuventude e agradables ó padal. O seu consumo deberá ser no primeiro ano, sendo por esto que se coñecen como novos.

Características analíticas.

TIPOS DE VIÑOS

VARIEDADES

GRADUACIÓN

ALCOHÓLICA

ACIDEZ

TOTAL

BRANCO

Variedades autorizadas

9 a 13 % Vol.
4 a 9 g/l.

TINTO

Variedades autorizadas

9 a 12 % Vol.

5 a 10 g/l.

Datos estatísticos.

Superficie Inscrita

2.700 Has

Producción Uva (Media)

18.000 Tm

Producción Viño (Media)

13.500.000 L.

Nº de Viticultores

5.000

Nº de Adegas

26 adegas/

68 colleiteiros



DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS

Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas
Centro de Apoio de Cabanas-Salcedo. 36143 Pontevedra
Tlf: 986864530 - 854850
Fax: 986864546

Normativa.
Regulamento inicial do 17-03-1988, que foi derrogado recentemente, aprobándose o novo regulamento por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e P.A., do 23-10-1996.
Lexislación Orde do 23-10-1996 completa.

Seguidamente foi ratificado polo MAPA, por orde do 11-09-1997. Consello Regulador elixido democráticamente no verán de 1996 (orde desta Consellería, do 10-05-1996).

Marco Xeográfico.
A zona de producción dos viños protexidos pola Denominación de Orixe Rías Baixas está situada na zoa suroccidental da provincia de Pontevedra e engloba 5 subzoas diferentes:

Subzoa Val do Salnés: A subzoa do Salnés está constituída polos Concellos de Cambados, Meaño, Sanxenxo, Ribadumia, Meis, Vilanova de Arousa, Portas, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Barro, O Grove e a Illa de Arousa.

Subzoa condado de Tea: Esta subzoa  está constituída polos Concellos de Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente, Salceda de Caselas, Ponteareas e as parroquias de Valeixe (Concello de A Cañiza), Guillarei, Páramos, Baldráns e Caldelas de Tui (Concello de Tui); e Louredo (Concello de Mos).

Subzoa O Rosal: Esta zubzoa está constituída polos Concellos de O Rosal, Tomiño, A Guarda e as parroquias de Pexegueiro, Areas, Malvas, Ribadelouro, Rebordáns, Pazos de Reis, Randufe e Tui (Concello de Tui); Mañufe e Vilaza (Concello de Gondomar).

Subzoa Soutomaior: Concello de Soutomaior.

Subzoa Ribeira do Ulla: Esta subzoa está constituída polo Concello de Vedra e as parroquias de Rumille, Carcacía, Iria Flavia e Herbón (Concello de Padrón); Oza, Teo, Lampai, Vaamonde, Rarís, Vilariño e Reis (Concello de Teo); Codeso, Pousada, Oural, lédesma, Donas e Sucira (Concello de Boqueixón); Bendaña (Concello de Touro); Arnois, Couso, Cora, Oca, Santeles, San Xurxo de Vea, Ribeira, Riobó, Santa Cristina de Vea, Baloira e Santa mariña de Barcala (Concello da Estrada); Cira (Concello de Silleda); Camanzo, Gres, Añobre (Concello de Vila de Cruces).

Clima.
O clima é de tipo atlántico, con temperaturas suaves moderadas pola influencia do mar, a zoa caracterízase pola alta humidade relativa e as abundantes precipitacións (con 1.600 mm de precipitación media). Seguindo o cauce do Miño cara o interior (Condado de Tea), as choivas diminúen e por conseguinte, a uva madura antes.

Solos.
Os solos son de tipo areoso, pouco profundos e lixeiramente ácidos que conforman solos propicios para os viños de calidade. O tipo de material orixinal predominante é o granito e só nos concellos de Sanxenxo, Rosal e Tomiño se pode atopar unha estreita banda de rochas metamórficas. En todas as subzoas son frecuentes os depósitos cuaternarios.

Variedades.

Variedades autorizadas na D.O. Rías Baixas

 

Brancas

Tintas

Preferentes

Albariño, Loureira branca ou Marqués, Treixadura e Caíño Branco.

Caíño Tinto, Espadeiro, Loureira tinta e Sousón.

Autorizadas

Torrontés e Godello

Mencía e Brancellao

Tipos e características dos viños.

Características organolépticas.
Os viños monovarietais do tipo Albariño presentan unha cor amarela palla, brillante, con irisacións douradas e verdes. No nariz presentan aromas florais e froiteiros finos e distinguidos que impresionan agradablemente, de intensidade media e potente duración medio-longa. Na boca son frescos e suaves, con suficiente corpo e grao alcohólico, acidez equilibrada, harmoniosos e de amplos matices. O seu regusto é pracenteiro, elegante e completo.

Os viños de tipo Rosal e Condado do Tea caracterízanse por levar na súa composición as variedades Loureira e Treixadura, respectivamente. Son viños de intensos aromas e lixeira acidez, plenos na boca, agradables e atractivos.

Os viños tintos moi minoritarios, revelan un carácter marcadamente atlántico; son viños de cor cereixa-violáceo moi luminosos; distínguense polas súas notas de froitos roxos e herbas que poden recordar ó eucalipto e presentan unha elevada acidez.

Tipos de Viños.
Brancos:
Rías Baixas Albariño: Elaborado 100% uvas Albariño.
Rías Baixas Condado do Tea: Mínimo 70% Albariño e Treixadura.
Rías Baixas Rosal: Mínimo 70% Albariño e Loureira.
Rías Baixas Salnés: Mínimo 70% Albariño.
Rías Baixas Ribeira do Ulla: Mínimo 70% Albariño.
Rías Baixas: Mínimo 70% variedades preferentes.
Rías Baixas Barrica: Deben de permanecer un mínimo de tres meses en envases de madeira de carballo.

Tintos:
Rías Baixas: Elaborados con variedades tintas recoñecidas.

Características analíticas.

TIPOS DE VIÑOS

Grao alcohólico adquirido mín. (%Vol.)

Acidez volátil real máxima (gr/l) (en ácido acético)

Sulfuroso total máximo (mgr/l)

Rías Baixas Albariño

11.3

0.65
140

Rías Baixas barrica

11.5

0.70

180

Resto de brancos

11.0

0.80

190

Rías Baixas tintos

10.0

0.80

150

Datos estatísticos.

Superficie Inscrita

2.422 Has

Producción Uva (Media)

9.500 Tm

Producción Viño (Media)

6.500.000 L.

Nº de Viticultores

5.100

Nº de Adegas

165


DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRA SACRA

Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra
Rúa Pescadeira, nº1 (Antigo Torreón) E-27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf: 982410968
Fax: 982411265

Normativa.
Regulamento aprobado por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 03-09-1996. Foi ratificado polo MAPA por orde do 11-09-1997.
Lexislación Orde do 3-09-1996.

Marco Xeográfico.
A zona de producción dos viños amparados pola denominación de orixe Ribeira Sacra esténdese ó longo das ribeiras dos ríos Miño, Sil e os seus afluentes no sur da provincia de Lugo e a parte norte da provincia de Ourense; está constituída por varias subzoas.

Subzoa de Amandi: Abarca as parroquias de Doade, Amandi, Lobios, Pinol, Santiorxo, Barantes, Bolmente, Anllo (San Martiño) e Anllo (Santo Estevo), do Concello de Sober; Marcelle (Concello de Monforte de Lemos).

Subzoa de Chantada: Erbedeiro, Chouzán, San Xoán de Cova, Oleiros e Temes (Concello de Carballedo); Pedrafita, Pesqueiras, San Fiz de Asma, Belesar, San Pedro de Líncora, Camporramiro, Santiago de Arriba, a Sariña, Nogueira e Sabadelle (concello de Chantada); Sobrecedo, Castelo, as Insuas e Xián (Concello de Taboada).

Subzoa de Quiroga-Bibei: Quinta do Lor, Nocedo, Quiroga (San Martiño), A Ermida, Hospital, Fisteus, Sequeiros, Bendollo, Bendillo, Montefurado, Vilanuide e o lugar de Covas da parroquia de Augasmiestas (Concello de Quiroga); Nogueira, Peites, Piñeira, Rairos, San Clodio de Ribas de Sil, Soutordei e Tordeo (Concello de Ribas de Sil); Vilachá (Concello de Poboa do Brollón); Rozabales (Concello de Monforte de Lemos); Cesuris, Raigada, San Miguel de Vidueira, Soutipedre e Manzaneda (Concello de Manzaneda); Barrio, Méndolla, Piñeiro e Sobrado (Concello de Poboa de Trives).

Subzoa de Ribeiras do Miño: Sega,, Ribas de Miño (San Vitorio), Rebordaos, Ribas de Miño (Santo Estevo), Diomondi, Mourelos, Rosende e A Cova (Concello do Saviñao); Ribeiras do Miño, Vilar de Ortelle, Atán, Pombeiro, Acedre, Espasantes, Frontón, Sios, Santiago de Cangas e o lugar de Monteiros da parroquia de Pantón (Concello de Pantón); e Rosende (Concello de Sober).

Subzoa de Ribeiras do Sil: San Lourenzo de Barxacoba, Sacardebois, parada de Sil e Chandrexa (Concello de Parada de Sil); Cristosende, Lumeares e A Abeleda (Concello de A Teixeira); Alais, Paradela, San Paio de Abeleda, Santa Tegra de Abeleda (Concello de Castro Caldelas); Viñoas e Carballeira (Concello de Nogueira de Ramuín).

Clima.
O clima é bastante variable en función das distintas áreas, sendo un clima mais fresco e menos chuvioso con maior influenza continental no val do Sil, e con maior carácter atlántico no val do Miño. A altitude, por outro lado, tamén marca diferencia e os viñedos máis próximos ós ríos e en orientación favorable (sur-sureste) resultan lixeiramente máis cálidos.

Solos.
Son solos de elevada acidez, pero a composición varía notablemente de unhas zoas a outras da rexión, xa que aparece gran diversidade de materiais orixinais, granitos, granodioritas, sedimentos, pizarras de diversos tipos, ollo de sapo e xistos. O viñedo aséntase en socalcos de forte inclinación e non supero os 400-500 m.

Variedades.

Variedades autorizadas na D.O. Ribeira Sacra

 

Brancas

Tintas

Preferentes

Loureira, Treixadura, Godello, Alvariño, Torrontés e Dona Branca

Mencía, Brancellao e Merenzao

Complementarias (transitoriamente)

Palomino

Negreda ou Mouratón e Garnacha

Tipos e características dos viños.

Características organolépticas.
Os viños da Ribeira Sacra son viños do ano, cheos de xuventude, cor, aroma e sabor.

Os viños tintos Ribeira Sacra destacan polos seus recendos limpos, elegantes e intensos e a súa cor cereixa intensa, brillantes e con reberetes púrpura.

Olfativamente son agradables, afroitados (con toques de framboesa ou morango), intensos e de media a longa duración.

Son equilibrados e ben estructurados, suaves na boca, provocando unha sensación pracenteira, resultan uns viños redondos e amplos na boca. A súa acedume é equilibrada, son potentes en alcohol e están ben de taninos. Resultan saborosos e lixeiramente astrinxentes, cun retrogusto elegante e froiteiro, medianamente intenso, e cunha persistencia prolongada.

En canto ós viños brancos, destacan os monovarietais, xa sexan a base de Godello ou a base de Albariño, recordando profundamente as características que outorgan estas variedades, pero con lixeiros matices e cambios debidos á zona xeográfica de producción, que os fai moi interesantes para os afeccionados e degustadores de bos viños galegos. Son afroitados e cun fino toque de acidez, rechaman polo seu lixeiro retrogusto e a súa delicada presencia no padal.

Características analíticas.

TIPOS DE VIÑOS

VARIEDADES

GRADUACIÓN

ALCOHÓLICA

ACIDEZ

VOLÁTIL

Branco Monovarietal

100% Alvariño ou Godello

11% Vol.
0.65 g/l

Tinto Monovarietal

100% Mencía

11% Vol.
0.65 g/l

Branco

Variedades preferentes ou autorizadas

10% Vol..

0.8 g/l

Tinto

Variedades preferentes ou autorizadas

10% Vol..

0.8 g/l


Datos estatísticos.

Superficie Inscrita

1.400 Has

Producción Uva (Media)

2.500 Tn

Producción Viño (Media)

1.750.000 litros

Nº de Viticultores

2.807

Nº de Adegas

90


DENOMINACIÓN DE ORIXE VALDEORRAS

Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras
Ctra. N-120, k.463
32340 Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Tlf: 988300295
Fax: 988300295

Normativa.
Regulamento aprobado polo MAPA, orde 24-02-1977. Consello regulador elixido democraticamente no verán de 1996 (Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e P.A. do 14-05-1996).
Lexislación Orde do 24-02-1977.

Marco Xeográfico.
A zona de producción dos viños amparados pola denominación de orixe Valdeorras está constituída polos concellos de O Barco de Valdeorras, O bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras, todos eles no NE da provincia de Ourense.

Clima.
O Clima é de caracter continental, con influencias atlánticas. A temperatura media é duns 11º C e as precipitacións oscilan entre os 850 e os 1000 mm. anuais.

Solos.
A maior parte dos solos na zoa de producción aséntanse sobre pizarras, materiais graníticos ou sobre sedimentos e terrazas. Os solos derivados de pizarras son pouco profundos, con abundantes pedras e texturas limosas; os que se asentan sobre materiais graníticos son máis fondos e areosos; e nos que se asentan sobre sedimentos e terrazas abundan os cantos rodados.

Variedades.

Variedades autorizadas na D.O. Valdeorras.

 

Brancas

Tintas

Preferentes

Godello

Mencía

Complementarias

Dona Branca e Palomino

Garnacha, Gran Negro, María Ardoña ou Merenzao

Tipos e características dos viños.

Características organolépticas.
Dentro dos viños hai que diferenciar, pola súa clara superioridade, os monovarietais, tanto a base de Godello como de Mencía.

Os viños brancos elaborados coa variedade Godello combinan graduacións importantes cunha acidez comparativamentes elevada, son viños de fino aroma afroitado, que lembran algunha casta de mazá, de cor amarela dourada ou pallosa, con boa estructura en boca, delicados, ben equilibrados, estables e de retrogusto completo.

Os monovarietais a base de Mencía son viños tintos de intensa cor púrpura e elegante aroma froiteiro, que lembran as froitas silvestres, cheos de lixeireza e sabor, con bó equilibrio alcohol-acidez, apetitosos e de retrogusto intenso e prolongado.

Características analíticas.

TIPOS DE VIÑOS

VARIEDADES

GRADUACIÓN

ALCOHÓLICA

ACIDEZ

TOTAL

BRANCO Monovarietal

100% Godello

Min. 9 % Vol.
5.5 g/l.

TINTO Monovarietal

100% Mencía

Min. 9 % Vol.
4.5 g/l.

BRANCO non Monovarietal

Variedades Autorizadas

Min. 9 % Vol.

4.5 g/l.

TINTO non monovarietal

Variedades Autorizadas

Min. 9 % Vol.

4.5 g/l.

ROSADO

Variedades Autorizadas

Min. 9 % Vol.

4.5 g/l.

   Datos estatísticos.

Superficie Inscrita

1.500

Producción Uva (Media)

6.000 Tm

Producción Viño (Media)

4.500.000 litros

Nº de Viticultores

1975

Nº de Adegas

35


DENOMINACIÓN DE ORIXE MONTERREI

Consello Regulador da denominación de orixe Monterrei
Rúa Luis Espada 99, Entlo.
E-32600 Verín (Ourense)
Tlf: 988410634
Fax: 9884106

Normativa.
Regulamento aprobado por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 25-11-1994. Foi ratificado polo MAPA por orde do 19-01-1996. Consello regulador nomeado provisionalmente por orde desta Consellería do 03-07-1995 (Actualización).
Lexislación Orde do 19-01-1996.

Marco Xeográfico.
A zona de producción dos viños amparados pola denominación de orixe Monterrei está constituída polas subzoas Val de Monterrei e Ladeira de Monterrei, que no seu conxunto abranguen os concellos de Castrelo do Val, Monterrei, Oimbra e Verín, todos eles no sur da provincia de Ourense:

Subzoa do Val de Monterrei: Comprende as parroquias de castelo do Val, Pepín e Nocedo do val (Concello de castrelo do Val); Albarellos, Infesta, Monterrei e Vilaza (Concello de Monterrei); Oímbra, Rabal, O Rosal e san Cibrao (Concello de Oímbra); Abede, Cabreiroá, Feces de Abaixo, Feces de Cima, Mandín, Mourazos, Pazos, Queizas, A Rásela, Tamagos, Tamaguelos, Tintores, Vilela, Verín e Vilamaior (Concello de Verín).

Subzoa da Ladeira de Monterrei: Comprende as parroquias de Gondulfes e Servoi (Concello de Castrelo do Val); Chas e a Granxa (Concello de Oímbra); Flariz, Medeiros, Mixós, Esteviños e Vences (Concello de Monterrei); e a parroquia de Queirugas (Concello de Verín).

Clima.
Nesta zoa o clima é máis seco ca no resto de Galicia, con carácter máis continental, con temperaturas máximas no verán de 35º C e mínimas de -5º C en inverno.

Solos.
Os solos son bastante arxilosos, profundos, máis ben pesados e, en algunhas zoas, algo areosos.

Variedades.

Variedades autorizadas na D.O. Monterrei.

 

Brancas

Tintas

Preferentes

Dona Branca, Godello, Treixadura

Mencía, Merenzao, María Ardoña ou Bastardo

Complementarias

Palomino

Garnacha e Gran Negro

Tipos e características dos viños.

Características organolépticas.
Os viños brancos de Monterrei son lixeiros, aromáticos, de cor amarela dourada ou pallosa, cunha graduación alcohólica media próxima ós 11 graos, plenos, saborosos, equilibrados en acedume e aceptable retrogusto.

Os viños tintos de Monterrei son de cor púrpura, agradable aroma a froitas, lixeiros e con bo equilibrio alcohol-acidez, con grao alcohólico algo inferior ó dos brancos, e cun toque de xuventude que os fai apetitosos ó consumidor.

Características analíticas.

TIPOS DE VIÑOS

VARIEDADES

GRADUACIÓN

ALCOHÓLICA

ACIDEZ

VOLÁTIL

BRANCO Monterrei

60% Var. preferentes. 40 % resto variedades.

10 % Vol.
0,7 g/l.

BRANCO Monterrey superior

85% Var preferentes.

11 % Vol.
0,65 g/l

TINTO Monterrei

60% Var. preferentes.

10 % Vol.

0,7 g/l.

TINTO Monterrei superior

85% Var. preferentes.

10,5 % Vol

0,65 g/l

 Datos estatísticos.

Superficie Inscrita

644 Has

Producción Uva (Media)

850 Tm

Producción Viño (Media)

600.000 litros

Nº de Viticultores

550

Nº de Adegas

14

Vitigal, O Portal da Viticultura- © 2004 http://www.vitigal.com