InicioNovas e AvisosEmpresasFormación e EmpregoEscola VirtualViñas e ViñosEconomía

inmobiliarios
técnicos
internet
traduccións
análises
normalización


SERVICIO DE ANALISES ESPECIAIS
Área de Edafoloxía e Química Agrícola da Facultade de Ciencias de Ourense da Universidade de Vigo

análisis de terras e consellos de fertilización
análisis foliares
diagnóstico rápido de problemas de fertilidade e vigor
seguimento da maduración fenólica
asesoramento para la implantación de normas ISO e APPCC


ANALISES DE TERRAS E CONSELLOS DE FERTILIZACION
Que teñen interese sobre todo para deseña-lo abonado de fondo antes de renovar ou facer unha nova plantación e que pode incluír os seguintes aspectos:
Planificación e recollida das mostras de solos, empregando procedementos que aseguren a súa representatividade.

Análises das terras recollidas utilizando as técnicas recomendadas internacionalmente para caracteriza-la fertilidade dos solos acedos.

Interpretación dos resultados empregando criterios propios, que teñen en conta as esixencias dos portaenxertos e variedades empregadas e os obxectivos técnicos i económicos de cada explotación.

Elaboración de Programas Personalizados de Fertilización, que inclúen doses, tipos de abonos e calendarios de aplicación.

Elaboración de Programas Personalizados de Fertilización para explotacións que queiran beneficiarse das vantaxes reservadas a Agricultura Ecolóxica.

Asesoramento cara a reestructuración dos viñedos e a implantación de novas variedades.

ANÁLISES FOLIARES
Nos países de Viticultura mais desenvolvida os viticultores aprenderon a recoñecer que a fertilización anual de mantemento e uns instrumento imprescindible para mellorar a calidade da colleita e valorar os importantes aforros de diñeiro e de problemas que se poden conseguir cunha fertilización equilibrada.

Queremos ser os primeiros en ofrecer un servicio –os análises foliares-, imprescindible para planifica-lo abonado de mantemento e para identificar os problemas de carencia ou toxicidade e os desequilibrios que poden afectar a calidade da colleita.

Planificación e recollida do material vexetal –peciolos no pintor-, garantindo a súa representatividade.

Análises das mostras recollidas utilizando as técnicas recomendadas internacionalmente para análises de tecidos.

Análises específicos para identificar problemas frecuentes nos viñedos galegos (p.ex., problemas co Boro, con Manganeso, co Cobre, co Zinc), que non se inclúen nos análises de rutina.

Interpretación dos resultados empregando criterios propios, que teñen en conta as características do material vexetal e os resultados dos análises de viños e mostos.

Elaboración de Programas Personalizados de Fertilización, que inclúen doses, tipos de abonos e calendarios de aplicación.

DIAGNOSTICO RAPIDO DE PROBLEMAS DE FERTILIDADE E VIGOR
Nas situacións de emerxencia, cando se presentan algúns problemas concretos –carencias de Boro e de Nitróxeno, desequilibrios do Potasio, etc.- que poden compromete-la calidade da colleita, a rapidez de resposta e fundamental, porque moitos deses problemas teñen remedio se os atallamos axiña.

Nesas condicións resulta imprescindible dispoñer dun diagnóstico rápido, que normalmente non ofrecen os laboratorios tradicionais. Queremos ser os primeiros en ofrecer un servicio de diagnóstico rápido, pensado especificamente para atallar ese tipo de emerxencias.

Aproveitando as posibilidades que ofrecen os novos equipos e test de diagnóstico rápido, nos elaborar un Diagnóstico Rápido e –de selo caso- a elaborar una Resposta de Emerxencia nun prazo máximo de 4 días dende o momento do desprazamento as viñas con problemas.

Tamén ofrecemos un servicio de Diagnóstico Rápido dos problemas de Vigor, que sempre se pode complementar con Seguimentos do Vigor ó longo do tempo e o Deseño de Coberturas Herbáceas para controla-lo problema.

SEGUIMENTO DA MADURACION FENOLICA
Cada vez hai máis adegas interesadas nas posibilidades que ofrecen algunhas das nosas variedades tintas para elaborar viños de crianza. Arestora admítese que ese potencial depende fundamentalmente do contido en polifenois e antocianos, que son compostos que actúan como factores de lonxevidade, determinando a intensidade e a persistencia do color e o potencial para a conservación.

Para atender a esa inquedanza ofrecemos un servicio de Seguimento da Maduración Fenólica, baseado en controles periódicos das uvas na fase final do período de maduración.

E un servicio que complementa a oferta dos laboratorios enolóxicos que operan nas DO e que deixaremos de ofrecer cando eses laboratorios ó incorporen a súa oferta. Está pensado para que os enólogos que traballan nas adegas e os responsables das explotacións, dispoñan da información necesaria para acadar ó mellor compromiso entre maduración fenólica e madurez tecnolóxica e inclúe as seguintes determinacións:

· Indice de Polifenoles Totales (IPT),
· Potencial de Polifenoles (PP)
· Extractabilidad de Antocianos ou Extractabilidade Celular (EC)
· Valoración da Contribución dos Taninos presentes nas pebidas (TP).
· Antocianos Extraíbles (AE) e Totais (AT)
· Intensidade Colorante (IC).

ASESORAMIENTO PARA LA IMPLANTACIÓN DE NORMAS ISO Y APPCC.
Esquecidos os tempos en que o sector tratou de competir con productos de baixo prezo, arestora todo o mundo recoñece que ó futuro do sector vitivinícola galego, pasa por enfrontarse os competidores que tratan facerse cun mercado no que os nosos viños brancos case non tiñan competencia, pero tamén por conseguir sitúa-la nosa oferta de viños tintos nun mercado extremadamente competido e con unha oferta cada vez máis diversificada.

Para competir non hai máis remedio que apostar pola calidade e para eso os investigadores do noso equipo que traballan no eido da Normalización dentro da Tecnoloxía dos Alimentos, están preparando unha oferta pensada para axudar as empresas e/ou explotacións que dispostas a acredita-las súas instalacións. A oferta inclúe o estudio e asesoramento para conseguir as seguintes certificacións:

· CERTIFICADO ISO-9002, para certificar todo o proceso de producción dende a viña ate ó consumidor.
· IMPLANTACIÓN DO SISTEMA APPCC.
· CERTIFICACIÓN EN MEDIO AMBIENTE e SISTEMA INTEGRADO que inclúe dende as NORMAS ISO-9001-2000 ata a ISO-14001.
Vitigal, O Portal da Viticultura- © 2004 http://www.vitigal.com