| Aquí podes atopar novas sobre temas
de actualidade e avisos sobre novidades lexislativas de interese,
un calendario con novas referentes as Feiras, Catas e Congresos
máis importantes; comentarios e murmuracións que
espertaron a curiosidade do sector; retratos de xentes cunha
traxectoria destacada no sector vitivinícola, e tamén
hai un espacio onde podes colgar as túas opinións
sobre os temas que preocupan o sector ou sobre o propio VITIGAL.com.
|
Estados
Unidos: hai que andar listo. |
Para enfrontar os excesos de producción e as caídas
dos prezos, algunhas adegas deseñan viños dedicados
as minorías. ¿Que qué minorías?
pois por exemplo ós latinos como é o caso da Sociedade
Pavona Wines que vende un syrah e un chardonnay ca marca PAVO
REAL e etiquetas bilingües en inglés e español.
¿Mais exemplos? Dous productores de Palm Spring están
vendendo a 20 $ a botella dun viño a base de alicante
bouschet coa marca Rainbow Ridge, dirixido especificamente o
mercado gay.
En
Finlandia tamén: anuncian a comercialización
dun viño que se venderá en forma de aerosol |
A sociedade finesa Finnish Levin viinikellari, dedicada a comercialización
de bebidas alcohólicas, acaba de anunciar que esta primavera
vai a comezar a vender un viño en forma de aerosol, que
os clientes pulverizarán directamente na boca.
Outro
viño a dous dólares a conquista do mercado
americano |
Parece que a iniciativa lanzada pola marca californiana Charles
Shaw no 2002, de comercializar viños a dous dólares
a botella, está encontrando seguidores nos EEUU. Non
hai de que estrañarse, sobre todo sabendo que os viños
que se venden a menos de 3 $ a botella, representan arestora
o 13 % das vendas no estado de California.
Nesta ocasión son viños que se comercializan na
costa este, coa marca Lost Vineyards ó prezo de 1,99
$ a botella.
¿Que qué se pode vender a ese prezo ? pois nin
máis nin menos que viños portugueses (brancos,
rosados, tintos e viño verde) importados directamente
por unha sociedade americana, que asegura que vendeu nun tempo
record, as 20.000 caixas previstas para o lanzamento da marca.
USA:
Aluguer de adegas para as xentes das cidades |
Unha empresa de Detroit ven de anunciar que dispón de
un local de 300 m2 especialmente acondicionado para gardar ata
11.000 botellas de viño, que ofertará en aluguer
ós amantes do viño que non teñan un sitio
axeitado para garda-la súa colección. A empresa
garante a conservación nas mellores condicións
de humidade e temperatura e unha vixilancia permanente das botellas
que sinale o cliente.
Os clientes tamén poden dispor dunha zona reservada,
a que poden achegarse en calquera momento. ¿O prezo ?
pois a unidade mínima –caben 8 caixas de 12 botellas-
ven saíndo a uns doce dólares ó mes (9,3
euros). |