InicioNovas e AvisosEmpresasFormación e EmpregoEscola VirtualViñas e ViñosEconomía

actualidade
ferias e congresos
falouse de...
xentes...
¿que che parece ?
almanaque de ferias e congresos
 



XXIX Congreso mundial do viño e a viña. (OIV 2006 Logroño 25-30 xuño).
Os Congresos mundiais da Viña e o Viño teñen lugar dende 1928, ano no que se celebrou o primeiro en Burdeos. Nos inicios da O.I.V., unicamente oito países pertencían a dita Organización, entre eles España, país fundador, pero nos últimos anos, foronse incorporando numerosos países de todolas zonas viticolas do mundo.

A amplia diversidade na procedencia e nos intereses dos especialistas que se reunen neste Congreso, fai del un punto de encontro de gran interese no que todos aportan puntos de vista moi diferentes sobre as materias tratadas, incorporando aspestos novidosos e imaxinativos que responden a variedade cultural e xeográfica das distintas zonas viticolas do mundo.

España, por terceira vez, ten o honor e a oportunidade de ser a anfitriona do Congreso Mundial da Viña e do Viño. O Congreso celebrarase en Logroño, do 25 ao 30 de xuño de 2006.

Visita a páxina do XXIX Congreso Mundial da viña e do viño.

VI Congreso internacional dos "Terroirs" viticolas 2006.
O Congreso dos "Terroirs" viticolas foi iniciado en 1996 por la comisión de zonificación viticola da O.I.V. Neste congreso xuntanse entre 200 e 250 científicos de aredor de 20 paises vitivinicolas, ca presencia cada vez maior dos novos paises viticolas nos que está incrementando o interes en todo o relacionado co "terroir" e a traballar en zonificación viticola para seleccionar as zonas mais idóneas para as novas plantacións de viñedo.

Os temas que se trataran no congreso son todos os relacionados co "terroir": O solo como componente do terroir, o clima, o uso de material vexetal para mellorar a expresión do "terroir", o uso de novas tecnoloxías en estudos de "terroir" e técnicas enolóxicas para mellorar a expresión do "terroir". Ademais visitaranse distintos paisaxes viticolas en Bordeaux, Saint-Emilion e Montpellier.

O Congreso celebrarase entre o 2 e o 7 de xullo, en dous lugares diferentes. A primeira parte do congreso terá lugar en Bordeaux (Gironda) do 2 ao 5 de xullo, e a segunda parte celebrarase en Montpellier (Herault) o 6 e 7 de xullo.

Visita a páxina do VI Congreso internacional dos "Terroirs" viticolas.

XXVIII congreso mundial do viño e a viña.
Do 4 ó 9 de Xullo celebrarase en Viena o XXVIII congreso mundial do viño e a viña. O noso grupo de investigación participará neste congreso xunto con representantes do sector vitivinícola de todo o mundo e de tódolos sectores implicados, dende viticultores e enólogos ata comerciantes e almacenistas. O tema do congreso é "Viña e Vino - Cambio e sostenibilidade-. Este tema ten como obxectivo analizar a dinámica existente na economía vinícola nun escenario con mercados cada vez mais competitivos e globalizados. Tamén faranse excursións as rexións vitivinícolas mais famosas de Austria, a Krems e a Wachau na Baixa Austria, co fin de observar a relación entre a tradición e os métodos más modernos da elaboración do viño.

O congreso concluirá ca 84 asemblea xeral da organización internacional do viño (OIV). A OIV é unha organización intergubernamental de caracter científica e técnica activa no dominio do viño e dos productos relacionados co viño. Esta organización constaba no momento da súa fundación de oito países membros fundadores: España, Francia, Grecia, Hungría, Italia, Luxemburgo, Portugal e Tunicia. Por adhesións sucesivas, 47 países son membros actualmente da OIV. As funcións da OIV son fundamentalmente tres. A primeira función é indicar os estados membros medidas que teñan en conta as preocupacións de productores, consumidores e de outros sectores relacionados co mundo da vitivinicultura. A segunda función é prestar apoio a outras organizacións intergubernamentais e internacionais en canto o referente a viña e os seus productos.

A terceira función é contribuír a harmonización internacional das prácticas e as normas existentes, e a elaboración de normas internacionais modernas co fin de mellorar as condicións de comercialización dos productos vitivinícolas tendo en conta os intereses dos consumidores.

6º Simposio de Vitivinicultura do Alentejo.
Cada tres anos ten lugar en Évora, Portugal un Simposio Internacional de Vitivinicultura, organizado por diversas institucións (oficiais e privadas), ligadas a investigación e á producción vitivinícola. A 6ª edición deste evento realizarase nos días 26, 27 e 28 de maio de 2004.

Os principais obxectivos do Simposio son: actualización dos coñecementos técnicos na área vitivinícola, presentación de traballos científicos de investigación e desenvolvemento do sector vitivinícola, aproximación de técnicos e profesionais do sector de varias rexións vitícolas de de Europa, contribuír a divulgación e troca de coñecementos para as xentes do sector, etc.

Os temas a tratar neste Simposio son:
Material vexetal, Tratamento de solos, Sistemas de conducción, Protección da viña, Mecanización, Microbioloxía, Técnicas Enolóxicas, Estabilización e Envellecemento, Control de Calidade Regulamento e Mercados, Viño e Saúde.

III Congreso Internacional Especializado en Viticultura e Xestión de Residuos Vinícolas.
Celebrarase en Barcelona os días 24, 25 e 26 de maio. Neste congreso abordarase o tratamento de efluentes vinícolas que nos últimos tempos foi ganando unha crecente importancia a nivel internacional. O mesmo tempo, a lexislación –que tamén será un tema a tratar- foi evolucionando significativamente e actualmente forma unha base sólida para unha óptima xestión medioambiental.

Este evento, de caracter internacional, da cabida tamén a outros aspectos cada día máis importantes, relacionados coa viticultura sostible, que considera todo o ciclo da vida do viño, producción ecolóxica integrada, riscos medioambientais, impacto económico da xestión ambiental, e así, tódolos factores medioambientais que deben terse en conta para unha xestión óptima. O Congreso tamén cubrirá aspectos relacionados como a xestión de vinazas, a producción máis limpa de alcohol e viño, así como elementos económicos e de calidade.

Os participantes terán a oportunidade de pórse en contacto directo cos progresos teórico-prácticos máis recentes da ciencia e a tecnoloxía na área da xestión medioambiental sostible da viticultura (reducción, optimización, tratamento de residuos de producción, xestión ecolóxica das viñas, etc.).


Vitigal, O Portal da Viticultura- © 2004 http://www.vitigal.com