Crónicas
da Feira do Viño do Ribeiro.
Martes, 4 abril de 2004. Noticias Vitigal. com
|
A XVI feira do Ribeiro que tivo lugar dende o venres 30 de
abril ó domingo 2 de maio desenrolouse unha vez máis
na capital do Ribeiro, creando grande expectación en
tódolos medios de comunicación, con afluencia
masiva de autoridades, persoas e persoaxes relacionados co
sector.
 |
O
venres, 30 de abril, as 6.00 da tarde os nervios eran
palpables en tódolos participantes do certame,
xa que se esperaba con impaciencia ás autoridades
encargadas da inauguración da Feira, que -como
procede neste tipo de eventos- fixéronse esperar.
As 6.30 horas D. José Antonio Bouza Escudero,
presidente do Consello Regulador da Denominación
de Orixe Ribeiro, saía a recibir á comitiva
a Sampaio e as 7.00 da tarde aproximadamente chegaban
a Ribadavia nos coches oficiais cos seus respectivos
choferes.
|
Paráronse
na calle principal da vila e dende alí fixeron o recorrido
ata a praza maior a pé, acompañados pola Banda
de Gaitas Virxe do Portal e por un folión de fogos,
para asistir no Concello ó Pregón da Feira que
correu a cargo do Presidente da Confederación de Cooperativas
Agrarias da UE, D. Eduardo Baamonde.
A inauguración fíxoa o Conselleiro de Política
Territorial D. Juan Miguel Diz Guedes, asistido polo Delegado
de Política Agroalimentaria en Ourense, D. Manuel López
Casas, a presidenta do Consello Regulador da Denominación
Específica Orujo de Galicia Dª Isabel Salgado
e o presidente do Consello Regulador da Denominación
de Orixe Ribeiro D. José Antonio Bouza Escudero. Na
comitiva tamén figuraban outros cargos e xente da política
nacional, autonómica e local, que como é de
recibo fixeron un percorrido por todas as casetas, probando
os caldos das adegas e dos colleiteiros, vendo as novidades
en maquinaria e visitando tamén, o quiosco de Vitigal.com.
interesándose pola novidade e a nosa labor.
Despois da inauguración oficial da Feira os visitantes
tiveron tempo de visitar, probar e compralos viños
dos participantes, que por certo eran de moi boa calidade,
alargándose a festa nalgunha caseta moito mais alá
das 22.00 horas (hora oficial de peche do recinto feiral).
O sábado, 1 de maio, as
12.00 horas a nova Ministra de Agricultura, a ourensá
Dª Elena Espinosa chegaba a recinto da feira con puntualidade
británica, no medio dunha comitiva na que se mesturaban
novas e vellas autoridades do partido dos socialistas, dende
o Secretario Xeral D. Emilio Pérez Touriño,
ata o novo Delegado do Goberno en Galicia D. Manuel Ameijeiras,
asesores e alcaldes.
 |
A Ministra -que
facía así a súa primeira aparición
en Galicia e na provincia da que é natural- parecía
un pouco coitadiña, pero tamén visitou todas
as casetas, parándose moito tempo no stand da Cooperativa
Vitivinícola para interesarse pola elaboración
do tostado do Ribeiro; tamén parouse no quiosco
de VITIGAL.com., o portal da viticultura galega, onde
lle contamos que é a primeira páxina galega
de Internet galega deseñada especificamente para
ofrecer información e servicios ó sector
da Viticultura e lles ofrecemos unhas olivas para acompaña-lo
viño. |
Pola tarde tivo lugar a cata popular,
que contou cunha afluencia masiva e que foi organizada polos
técnicos do Consello Regulador da denominación
de Orixe Ribeiro. Din que os viños -18 brancos e 19
tintos-, destacaban pola alta calidade ó que dificultou
a elección dos 3 mellores e din tamén que as
cousas estiveron moi parellas sobre todo no caso dos brancos,
nos que a mellora da calidade tanto a nivel aromático
como no paso pola boca, que se está notando nos últimos
anos conforme vai aumentado a producción das castes
autóctonas, abre interesantes perspectivas para a Denominación.
A noite a festa durou ata altas horas da madrugada, os restaurantes
quedaron escasos para dar acollida ós centos de famentos
que buscaban un sitio para degustar os manxares da zoa. Os
– noutros tempos abundantes- bares de copas estaban
a rebentar. Algúns privilexiados tamén puideron
asistir a inauguración dun novo Hospedaxe Rural en
Santo André, onde os responsables da adega “Casal
de Armán” arranxaron unha preciosa casa rural
-con habitacións que levan nomes de variedades autóctonas
da comarca- onde os que gusten da tranquilidade poden relaxarse
e probalo viño, que por certo, ademais de levar dous
premios na presente Feira –primeiro a tintos e terceiro
a brancos-, obtivo este ano o “Bacchus de plata”,
sendo o único Ribeiro galardoado neste certame.
O domingo -o derradeiro día nesta edición da
feira- a xente non estaba para moita festa e tardou en acudir,
inda que a afluencia de visitantes foi grande pola tarde,
sobre todo á hora da entrega de premios, que deixaron
a algúns un pouco despistados e a outros cheos de ledicia.
O Comité de Cata Oficial decidiu que no apartado de
adegas industriais, merecían premio as seguintes marcas:
o primeiro premio de brancos ó Viña Amoriño
vendima de ouro de Adegas Docampo; o segundo premio foi para
Beade Primacía de Portela SAT, e o terceiro para Pazo
Casanova de Pazo Casanova. Os galardóns para tintos
foron para Bantiño, de Adegas Barbantiño, o
segundo para Viña Do Campo, de Adegas Docampo e o terceiro
para Alén da Istoria, da Cooperativa Vitivinícola
do Ribeiro.
Na categoría de colleiteiros os brancos premiados foron,
en primeiro lugar Lagar de Meréns, de José merens;
en segundo lugar Sameiras, de Antonio Cajide e en terceiro
lugar Casal de Armán, de Javier González Vázquez.
No caso dos tintos, o primeiro premio foi para Casal de Arman;
o segundo para Sameiras, de Antonio Cajide, e o terceiro para
Barazal, de Elisa Collarte Fernández.
No canto a Cata Popular hai que dicir que os laureados foron
practicamente os mesmos que os premiados polo Comité
de Cata Oficial, xa que a xente recoñeceu a calidade
de Casal de Armán, Pazo do Mar e Viña do Campo
entre os Blancos, e de Sameiras, Alén da Istoria e
Viña do Campo entre os tintos.
Como novidades do certame, cabe destacar o bo gusto para
a elección das casetas nesta edición –inda
que as dos colleiteiros quedaban algo pequenas- e sobre todo
o lugar de celebración: a Alameda, na que cabe mais
moita máis xente e que ademais, prestase para a celebración
dun certame que pretende recuperar o lustre que tivo antano.
A exposición de maquinaria foi unha das novidades que
máis chamou a atención de moitos dos visitantes
e que está chamada a ir cobrando importancia en anos
vindeiros, da man dos importantes esforzos de reestructuración
dos viñedos que se están facendo na Denominación.
 |
Pechamos
esta crónica dunha XLI Edición da
Feira do Viño do Ribeiro, que tivo como novidade
máis salientable a presentación do
“Tostado do Ribeiro”, que era un dos
temas mais comentados no certame e que se non tivo
un maior protagonismo, foi porque este ano inda
non se puido degustar, entre outras razóns
porque o seu regulamento non foi aprobado ata o
28 de abril de 2004 no Diario Oficial de Galicia
(Orde do 19 de abril de 2004 pola que se modifica
o Regulamento da Denominación de Orixe Ribeiro
e o seu Consello), inda que xa hai varias adegas
-a Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, Adegas |
Campante
e a Portela SAT, e algunha máis- que traballan,
fan probas, experimentan coa elaboración deste
producto e andan as carreiras para poñe-lo canto
antes no mercado. |
Para a xente de VITIGAL.com. esta
XLI Edición representou a posta a cero do marcador
e o comezo dunha andaina que queremos que dure moitos anos.
Cristalina Álvarez Olleros
José Manuel García Queijeiro.
|