| O 26 de Xulio de 2004, foi publicada no BOE
a RESOLUCIÓN de 7 de julio de 2004, da Subsecretaría
do MAPA, pola que se dispón a publicación do
Acordo da Comisión de Análise prevista no Real
Decreto 595/2002, de 28 de junio, por lo que se regula a habilitación
para exercer as profesións de enólogo, técnico
especialista en vitivinicultura e técnico especialista
en elaboración de vinos.
Descargar regulamento
en pdf
| Venres,
14 de maio
La Región. Os colleiteiros do Ribeiro son os
que máis empregan o idioma galego na etiquetaxe.
|
A asociación “Álvaro das Casas”
remitiu un escrito ós Concellos da denominación
de orixe Ribeiro para que aproben unha moción recomendando
a adegueiros e colleiteiros o emprego do idioma galego nas
súas etiquetas e accións de promoción.
Na actualidade, unhas 70 adegas –a maioría de
colleiteiros- empregan habitualmente esta lingua.
Que o viño do Ribeiro “fale" galego. Ese
é o obxectivo que, con motivo do Día das Letras
Galegas, persegue a asociación cultural “Alvaro
das Casas" coa súa última iniciativa. Trátase
de propor ós Concellos da denominación de orixe
que aproben unha moción para “remitirlle-la a
tódolos adegueiros e colleiteiros da comarca do Ribeiro
do Avia e recomendarlles a todos eles o uso da lingua galega
na etiquetaxe dos envases, rotulación das embalaxes
e na publicidade no ámbito da nosa Comunidade Autónoma".
A proposta básase tanto nas leis vixentes coma en estudios
que recoñecen que “o uso da lingua galega na
etiquetaxe non é nunca un obstáculo para a súa
comercialización e tampouco provoca o rexeitamento
dos consumidores", segundo recolle o escrito enviado
ós Concellos. Unha idea que, no caso da denominación
de orixe Ribeiro, teñen asumido unhas 70 adegas das
101 existentes. Son, na súa maioría, viños
elaborados por colleiteiros, mentres que a maior parte das
adegas industriais -principais productoras- optan polo castelán
nas súas etiquetas. Nembargantes, segundo o presidente
do Consello Regulador, José Antonio, “Galicia
vende nos productos agroalimentarios e cada vez máis
os productores queren identificarse con ela". Engade
que “no Consello emprégase o galego".
|
Luns, 3 de maio
La Voz de Galicia. Masiva afluencia de visitantes á
Feira do Viño do Ribeiro en Ribadavia.
|
Viña Amoriño e Bantiño obtiveron os
premios nas categorías de branco e tinto.
A participación nesta edición limitouse a quince
adegas e doce colleiteiros.
A vila de Ribadavia quedou onte pequena, coma tantas outras
veces ocorre, para acoller os miles de persoas que se desprazaron
ata a capital do Ribeiro para disfrurtar dos viños
da comarca. O bo tempo acompañou durante toda a xornada
e o fluír de visitantes foi constante todo o día.
A concesión dos premios deixou, un ano máis,
satisfeitos ós galardoados; decepcionados a quenes
esperaban máis do concurso e despistado a máis
dun visitante, como tamén ocorre sempre. A última
hora da tarde todos querían probar e comparar.
O comité de cata concedeu, no apartado de adegas industriais,
o primeiro premio de brancos ó Viña Amoriño
vendima de Oro, de adegas Docampo; o segundo, ó Beade
Primacía, de Portela SAT; o terceiro, a Pazo casanova,
de Pazo Casanova. Os galardóns en tintos foron para
Bantiño, de Adegas Barbantiño; Viña Docampo,
de Adegas Docampo, e Alén da Istoria, da Vitivinícola
do Ribeiro.
En canto a producción de colleiteiros, os distinguidos
en brancos foron Lagar de Merens, de José Meréns;
Sameiras, de Antonio Cajide e Casal de Arman, de Javier González
Vázquez. En tintos, Casal de Arman, Sameiras e Barazal,
de Elisa Collarte Fernández.
Na Feira do Ribeiro, que o sábado contou coa presencia
da ministra de Agricultura, Elena Espinosa, participaron nesta
ocasión doce colleiteiros e quince adegas, unha cifra
superior a do ano pasado, que, de todos modos, queda moi lonxe
da masiva afluencia de antano e do total de inscritos no consello
regulador. Só no apartado de adegas industriais, o
consello regulador conta con 99 empresas.
A edición presentou como novidade unha iniciativa do
campus ourensán, que ofreceu ós viños
do Ribeiro a primeira páxina do seu acceso a internet.
Tamén o sábado pola noite organizouse unha cea
medieval de confraternidade entre representantes das firmas
asistentes a feira e os membros da corporación local
de Ribadavia.
| Domingo,
2 de maio de 2004.
La Voz de Galicia. Elena Espinosa foi profeta na casa.
|
A presencia dun membro do goberno de Zapatero en O Ribeiro
espertou expectación ó visitar a feira do Viño
tras un almorzo de traballo con Touriño.
Con varias horas de atraso sobre o inicialmente previsto polos
dirixentes de Ribadavia, Elena Espinosa, a nova Ministra de
Agricultura, chegou a capital do Ribeiro con puntualidade
británica para participar e respaldala Feira do Viño.
Fíxoo cun flamante traxe da chaqueta, color branco
roto, segundo as últimas tendencia de moda ou si se
prefire, co “beige” de toda a vida. E por se a
ideoloxía de esquerdas neste caso, tivese color, coincidiu
nos tonos e case no deseño coas dúas concellalas
do grupo de goberno.
Entrou polo seu propio pé na praza Maior, dando exemplo
o respetala prohibición de aparcar na parte antiga
da vila e foi recibida cos sons máis tradicionais do
grupo de gaitas Virxe do Portal.
Alí a esperaba un mundo de incondicionais, dos que
non o son tanto e dos que non se querían perdela foto.
Xa o dixo Alfonso Guerra, que o que se movía non saía
e mais dun e dunha non perderon paso durante todo o recorrido.
Na súa primeira visita institucional a O Ribeiro foi
profeta na súa terra: recibiu de mans da filla dunha
concellala socialista un ramo de flores, repartiu bicos a
destro e sinistro, entre os membros da corporación,
ó presidente do consello regulador e a todos aqueles
que quixeron vela de cerca, e firmou no libro de honor do
Concello, agradecendo a súa elección para asistir
a Feira do Viño.
Recorreu un a un os postos dos participantes no certame, onde
dedicou especial atención, no da Cooperativa, ó
coñecer as características dos tostados e tivo
tempo tamén, sen perdelo sorriso un momento, de interesarse
pola primeira páxina de Internet de Galicia
dedicada a vitivinicultura.
As negociacións de España na Unión Europea
e as produccións de tabaco, algodón e lúpulo
tamén foron recordados por Elena Espinosa, o cargo
é o cargo, que se despediu da provincia cunha comida,
no pazo de Esposende, cos cargos institucionais do PSOE de
Ourense.
Sen tempo case para disfrutar de amigos e familia regresou
a Madrid onde hoxe repite celebración, o aniversario
125 do PSOE.
| Sábado,
1 de maio de 2004.
La Voz de Galicia. A Feira do Viño do Ribeiro
presenta os premios “Tenedor de Oro”. |
Coa mirada posta na inestable climatoloxía, a feira
do Viño do Ribeiro segue servindo de reclamo para os
amantes dos bos viños e da diversión, ós
que tamén se suma a gastronomía.
Non so pola posibilidade de degustar embutidos, mariscos,
o queixo, ademais de polbo do Carballiño e pan de Cea,
senón porque onte o recinto da Alameda converteuse
no escenario da presentación dos premios culinarios
“Tenedor de Oro”. Uns galardóns que chegan
a súa edición e nos que participaron xa 200
establecementos de toda Galicia. O prazo de inscrición
para poder optar a eles, nas oito modalidades que recolle,
finaliza o 17 de maio Día das Letras Galegas, segundo
anunciou Ana Álvarez, coordinadora dos premios.
No acto de presentación estivo o propietario do restaurante
local Pucheiro e a imaxe dos premios, a cantante galega Lucía
Pérez.
Sinalar ademais que aparte da oferta vitícola, agraria
e alimentaria do recinto feiral a organización incluíu
onte un mercado de artesanía na Magdalena, que hoxe
tamén completará o programa de actos da feira.
Sábado,
1 de maio de 2004.
La Voz de Galicia.O delegado de Agricultura clausurará
o certame. |
O final da Feira do Viño do Ribeiro fixouse oficialmente
para as 20.30 horas coa entrega de diplomas a tódolos
participantes na edición número corenta e un
do festexo. Media hora máis tarde farase tamén
a entrega de premios os ganadores da cata oficial dos viños
de O Ribeiro que se celebrou o pasado 24 de abril, cun panel
de cata de gran prestixio formado por nove técnicos
e especialistas das mellores publicacións e colectivos
vitícolas de Galicia.
Co final do certame comeza unha nova etapa tralo compromiso
do rexidor de convocar ó sector no prazo dun mes, para
sentar as bases de creación dun patroato para organizala
feira de 2005.
Venres, 30
abril de 2004.
La Voz de Galicia . O Ribeiro exalta os seus viños
coa la intención de abrir novos mercados. |
A Feira do Viño da comarca inaugurase hoxe a partir
das seis de la tarde
O recinto oficial recupera a Alameda, distribuída en
tres áreas para favorecer o festexo
O día chegou e a edición número corenta
e un da Feira do Viño do Ribeiro comeza hoxe a súa
andadura con dous claros obxectivos, promocinalos seus caldos
coa apertura de novos mercados e co desexo de marcar un antes
e un despois trala súa celebración.
As 18.00 horas o Concello convertese no escenario para a recepción
de autoridades e invitados.
Entre eles o titular da Consellería de Política
Agroalimentaria, Juan Miguel Diz Guedes, que asume, unha hora
despois na Alameda, o acto de inauguración oficial,
despois de que a ministra de Agricultura confirmase que non
pode chegar a Ribadavia ata mañá sábado.
Antes o director xeral da Confederación de Cooperativas
Agrarias Europeas, Eduardo Baamonde lerá na Casa da
Cultura o pregón de exaltación do viño
do Ribairo e o certame que se prolongará ata o domingo.
Durante estes días, a alameda recupera o protagonismo
de anos pasados e con unha distribución diferenciada,
para facilitar o desenrolo do festexo: en A Picuxa o salón
alimentario, xunto o palco de música a maquinaria agrícola
e no centro o recinto principal para adegas e colleiteiros.
o.Ribadavia.net.
Feira do Viño do Ribeiro
|
A nova Ministra de Agricultura, a Ourensá Elena Espinosa,
ía sela encargada de inaugurala 41ª Edición
da “Feira do Viño do Ribeiro”, o día
30 de abril de 2004 as 18.00 horas na Casa da Cultura, no
primeiro acto público en Ourense dende o seu nomeamento.
A clausura será o día 2 de maio.
Pero por problemas de axenda debido ó cambio do consello
de Ministros, deberá pospoñela súa asistencia
á feira para o día seguinte as 12:00 h. para
despois pasar a firmalo libro de honor do Concello e recorrer
os distintos stands dos participantes nesta edición.
O pregón correrá a cargo do presidente da Confederación
de Cooperativas Agrarias da UE, Eduardo Baamonde e a inauguración
será efectuada polo Conselleiro de Política
Territorial Diz Guedes no recinto pendente de inaugurar da
Alameda, onde se poderán degustar a parte dos famosos
caldos da comarca, polbo e mais manxares.
Durante a edición desta festa, haberá tamén
programa de música con verbenas e a presentación
dos premios gastronómicos “Tenedor de Oro”,
o día 1 de maio.
Dende fai máis de 40 anos, celébrase en Ribadavia,
a Feira do Viño do Ribeiro, declarada de interese turístico
nacional.
Miles de persoas de toda Galicia e outras rexións españolas
danse cita aquí en Ribadavia, para degustar os nosos
apreciados e saborosos caldos a finais de abril e principios
de maio.
Na feira comprobase a evolución na elaboración
e presentación deste “Gran producto do Ribeiro”,
que acada altas cotas, tanto a nivel nacional como internacional.
Os viños do Ribeiro, contan cunha fama e tradición
milenaria e constitúen unha parte fundamental da historia
e cultura da comarca do Ribeiro, situada na zoa occidental
da provincia de Ourense, na confluencia dos ríos Miño,
Avia e Arnoia. Os viños da comarca do Ribeiro, están
acollidos á denominación de orixe Ribeiro, garantindo
o Consello Regulador da denominación, a súa
calidade.
Xoves, 29 de abril de
2004.
La Región. XVL Feira do Viño do Ribeiro. |
A XVI Feira do Viño do Ribeiro será o marco
de presentación dos Premios Gastronómicos “Tenedor
de ouro”, un acto que terá lugar o sábado,
as doce horas, no recinto feiral. Estes premios son otorgados
por unha revista de ámbito nacional especializada e
de gran prestixio que elixiu a feira de Ribadavia pola súa
boa relación cos restauradores da zoa.
“É importante que veñan porque é
a primeira vez que esto ocorre e o viño e a gastronomía
son dous sectores que van moi unidos. Considerámolo
un acto de gran relevancia”, afirma o concellal de cultura,
javier Iglesias Sendín. Estes premios son votados polo
público, que valora a calidade dos restauradores que
se presentan ó concurso.
A Feira do Ribeiro conta cos seus propios premios de cata,
cun panel de expertos integrado por redactores de revistas
especializadas, membros da asociación de sumilleres
e outras personalidades do mundo do viño. Paralelamente
á cata oficial haberá outra de caracter popular
con premios ós mellores viños e as os mellores
catadores. A cata popular irá acompañada de
degustación no salón gastronómico situado
na Picuxa, encima da Alameda, con productos típicos
como polbo, mexillóns, ostras, pan de Cea...A copa
de cata custará 2 euros e a degustación 1.50
euros.
Xoves, 29 de abril
de 2004.
La Voz de Galicia.
A recuperación do
tostado aumenta o prestixio dos viños do Ribeiro. |
O rexidor municipal de Leiro, recordou onte a historia que
asegura que a primeira cepa do Ribeiro púxose en san
Clodio, e na mesma localidade, presentouse onte o viño
tostado, un producto tradicional que dende onte está
amparado pola denominación de orixe Ribeiro.
De feito a inclusión deste tipo de viño doce
obrigou a modificar o actual regulamento do consello regulador
e onte o Diario Oficial de Galicia recolleu a reforma que
converte a esta zoa vitícola ourensán na primeira
do Estado Español que ampara este tipo de viños.
Juan Miguel Diz Guedes, titular da consellería de política
Agroalimentaria, eloxiou a súa recuperación
e considerouna “unha aposta decidida dos productores
do Ribeiro”. Incidindo en que no momento actual é
dunha etapa de investigación e desexou que dentro dun
ano se poida degustar de maneira definitiva.
Reiterou durante a presentación, o conselleiro, que
o DOG dálle cobertura legal a un producto do que espera
“enriquezca ó consejo e ó Ribeiro, ó
ser un valor engadido”.
Por outra parte sinalar que será finalmente Juan Miguel
Diz Guedes o encargado de inaugurar a Feira do Viño
do Ribeiro, mañá a partir das 18.00 horas, xa
que a decisión de Rodríguez Zapatero de amplialo
desenrolo do consello de ministros a horario de tarde, impide
a Elena Espinosa, ministra de Agricultura, chegar ó
certame. Eso si, estará en Ribadavia as 12.00 do mediodía,
onde recorrerá o recinto feiral da alameda despois
de ser recibida pola corporación municipal na casa
consistorial e de firmar no libro de honra do Concello.
Xoves,
29 de abril de 2004.
La Región.
O Ribeiro presenta en
sociedade o tostado para convertelo no “viño
de postres” galego. |
El vino tostado –branco y tinto- xa é un producto
da denominación de orixe Ribeiro, a primeira de España
que ampara un viño doce elaborado de forma natural.
Un viño de elite que se presentou onte no mosteiro
de San Clodio e que, sen embargo, ten unha longa tradición
na comarca. Coa súa recuperación, pretendese
convertelo no “viño de postres de Galicia”,
o que para o conselleiro de Política Agroalimentaria,
Juan Miguel Diz Guedes, é “unha aposta decidida
do sector”.
O Diario Oficial de Galicia publicaba onte a modificación
do regulamento da denominación de orixe Ribeiro para
incluílas características e modos de producción
dun novo producto: o viño tostado. Un caldo de calidade
que onte presentábase en sociedade no mosteiro de San
Clodio cun acto presidido polo conselleiro de política
Agroalimentaria, Juan Miguel Diz Guedes, e o que acudiron
tamén o presidente da Deputación, José
Luís Baltar, ademais de alcaldes da comarca e numerosos
adegueiros e “colleiteiros”. Pero, a pesar de
ser un novo producto do Ribeiro, a producción do tostado
na comarca ven de lonxe, aparecendo en documentos con 300
anos de antigüidade.
Mércores, 28
de abril de 2004 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 5.997.
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA
E DESENVOLVEMENTO RURAL. |
Orde
do 19 de abril de 2004 pola que se modifica o regulamento
da denominación de orixe ribeiro e o seu consello.
(Dispoñible en PDF).
Por Orde do 2 de febreiro de 1976 aprobouse o regulamento
da denominación de orixe Ribeiro e o seu consello regulador,
no que se recolleron as características máis
sobranceiras dos viños elaborados nesta comarca e as
técnicas vitivinícolas admitidas para a súa
obtención. Pero, nese texto non se recolleu un tipo
de viño tradicional na comarca, que tivo grande sona,
transcendendo fora do territorio do Ribeiro, contra finais
do século XIX e principios do século XX.
Ese viño, coñecido co nome de Tostado, é
un viño doce obtido a partir da selección das
mellores uvas, principalmente brancas autóctonas, que
se sometían a un proceso artificial de secado en locais
con ventilación.
Posteriormente, durante o inverno ou principios da primavera
procedíase á prensa da uva e a filtración
previa á fermentación. Despois o viño
maduraba en cubas de madeira antes do seu consumo.
En consecuencia, por pedimento do sector interesado, unha
vez avaliados os informes técnicos presentados e de
conformidade co artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía
de Galicia, modifícanse os artigos 1, 5, 8, 11, 13,
16 e 21 do regulamento da denominación de orixe Ribeiro
e o seu consello Regulador, para acoller o “Tostado”
a dita Denominación.
Mércores, 28
de abril de 2004.
La voz de Galicia.
O Consello regulador presenta
o viño tostado en san Clodio. |
Juan Miguel
Diz Guedes, titular de la Consellería de Política
Agroalimentaria, está hoxe na provincia de Ourense,
en dúas convocatorias: a do consello regulador do Ribeiro
para presentar o viño tostado e en Toén no acto
da inaguración das novas instalacións das adegas
Pazo do Mar S.L.
O salón Benedictino do hotel monumento de San Clodio
será o escenario da nova aposta da denominación
máis antiga de Galicia, a de amparar uns viños
chamados a fomentar a calidade de O Ribeiro e a diversificalo
comercialmente.
Durante o acto de presentación oficial un técnico
do consello explicará, de forma pormenorizada, cada
un dos pasos que é necesario seguir no proceso de elaboración
desta nova variedade de viño, que converte a O Ribeiro
na única denominación de toda Galicia que ampara
estes viños.
Toén.
A segunda parada no recorrido matinal do conselleiro de Política
Agroalimentaria en Ourense é en Toén, en concreto
en fea, na carreteira entre Ourense e Castrelo, para respaldala
inauguración e a apertura dunha nova adega, Pazo do
Mar, S.L.
Mércores, 28
de abril de 2004.
La Voz de Galicia.
Un autobús promociona
a feira do Viño do Ribeiro por toda Galicia. |
O sábado celebrarase unha cea medieval para os participantes
no certame.
Os preparativos de cara a celebración da edición
número corenta e un da Feira do Viño do Ribeiro
seguen segundo todo o previsto. Onte a primeira hora da tarde
partiu de Ribadavia o autobús promocional do certame
que recorrerá toda a comunidade autónoma galega
ata o próximo domingo. A publicidade visual iniciou
o seu recorrido por o carballiño e hoxe continuará
en dirección a Vigo.
Sinalar tamén que mentres se seguen instalando as infraestructuras
no recinto, na parte central e xunto do palco de música,
xa comezou tamén a colocación do iluminado festivo.
A cea medieval, para os participantes na feira, os membros
da corporación e representantes dos medios de comunicación,
convocouse xa para o sábado, na Madalena as 22.00 horas.
Tratase dunha iniciativa nova nesta edición, polo que
a organización segue pendente da climatoloxía
para garantir a asistencia de público.
Mércores, 28
de abril de 2004.
La Región.
A Denominación
de Orixe Ribeiro, a primeira en España que conta
cun viño tostado. |
A Denominación de Orixe Ribeiro inclúe dende
hoxe o viño tostado, tanto branco como tinto, entre
os seus caldos, o que obrigou a modificalos estatutos da institución
vitivinícola. Así, convertese na primeira denominación
de orixe de toda España que conta con este tipo de
viño, que foi presentado hoxe no mosteiro de San Clodio,
nun acto que foi presidido polo Conselleiro de Política
Territorial, Juan Miguel Diz Guedes. Este viño doce
realizase con variedades tradicionais e cun método
de elaboración totalmente natural e coas uvas de maior
calidade. O viño tostado destaca por ser un producto
con tonalidades tostadas, olores moi diversos e unha sensación
en boca doce e sedosa. O presidente do Consello Regulador
da Denominación de Orixe Ribeiro, José Antonio
Bouza explicou que a súa intención é
“recuperar un producto típico da comarca e volver
a estar na cabeza das denominacións de orixe do Estado
con este viño de postres”.
Pola súa parte, o conselleiro de Política Agroalimentaria,
Juan Miguel Diz Guedes, asegurou durante a presentación
que a introducción desta variedade supón unha
aposta decidida do sector a favor dos productos de calidade
e por un viño novo. Posteriormente, Diz Guedes presidiu
o acto de inauguración de Adegas Pazo do Mar, unha
nova adega de viños do Ribeiro e a que a consellería
de Política Agroalimentaria subvencionou con algo máis
de 400 mil euros.
Martes, 27 de abril
de 2004.
La Región.
A presentación do Tostado do Ribeiro. |
O Consello Regulador da denominación de orixe Ribeiro
presentará mañá en San Clodio a normativa
para a elaboración de viño tostado, nun acto
que contará coa presencia do conselleiro de Política
Agroalimentaria. Trátase da primeira denominación
española que ampara un viño destas características
(naturalmente doce), e que empezará a producirse a
partir da próxima vendima.
O Ribeiro será a primeira denominación de orixe
de España que ampara o viño naturalmente doce
ou tostado. O consello Regulador presenta mañá
a normativa para a elaboración do tostado, nun acto
que será presidido polo conselleiro de Política
Agroalimentaria, Juan Miguel Diz Guedes. O tostado é
un viño de calidade e tradición que poderá
empezar a elaborarse a partires da próxima vendima.
“Temos documentada a súa elaboración nas
casas fidalgas da comarca e queremos recuperalo. Cremos que
dará máis xogo á denominación,
será un plus, un distintivo que lle de prestixio a
nivel nacional e internacional”, explica o presidente
do Consello, José Antonio Bouza Escudero.
Investigación.
Algunhas das adegas da denominación, como a Cooperativa
Vitivinícola, investigaron e experimentaron a elaboración
deste viño, naturalmente doce, para conseguir igualalo
ó que tradicionalmente se producía na comarca.
As previsións do Consello Regulador son que a producción
de tostado non será moi elevada, ó tratarase
dun viño de elite, que require 15 kilos das mellores
uvas para a elaboración dun litro de viño. O
proceso de elaboración ten, ademais, un tempo de pasificación
e un total dun ano (a partir da próxima vendima) ata
estar preparado para chegar ó mercado. |