InicioNovas e AvisosEmpresasFormación e EmpregoEscola VirtualViñas e ViñosEconomía

que pretendemos
quen somos
onde estamos
contacta con nós
 



As xentes que tiramos do carro de VITIGAL.com. somos case todos profesores e investigadores do Edificio Politécnico de Ourense, que é o centro no que un pequeno grupo de investigadores da Facultade de Ciencias e da Escola Superior de Enxeñería Informática, decidimos aló polo ano 2002, crear un grupo interdisciplinar para tirar proveito das sinérxias entre o mundo da Informática e a Viticultura e aproveitar os fondos con que a XUNTA DE GALICIA trataba de fomentar a SOCIEDAD DA INFORMACION para iniciar esta andaina que agora se chama VITIGAL.com.

VITIGAL.com. nace como un proxecto aberto a tódalas xentes do sector e de feito, contamos con que pouco a pouco se nos unan xentes procedentes doutros ámbitos. Interésanos tódalas opinións e como sempre ocorreu nas nosa feiras, tamén VITIGAL.com. quere ser un espacio aberto a tódalas xentes relacionadas co sector, polo que recibiremos gustosos tanto as opinións puntuais como as colaboracións regulares, que nos cheguen a través da sección contacta connosco.


Vitigal, O Portal da Viticultura- © 2004 http://www.vitigal.com