InicioNovas e AvisosEmpresasFormación e EmpregoEscola VirtualViñas e ViñosEconomía

que pretendemos
quen somos
onde estamos
contacta con nós
 



VITIGAL.com nace coa intención de converterse no Portal de referencia para todo o Sector Vitivinícola Galego e tamén, nun instrumento ó servicio de tódolos interesados no mundo das viñas e do viño. Nace coa vocación de converterse no punto de encontro onde productores, industriais, subministradores de productos, equipos e servicios, distribuidores, técnicos, investigadores, institucións poden dirixirse para atopar calquera cousa, información ou servicio que precisen, sempre que estean relacionados co Sector Vitivinícola.

Para facer mais doados os intercambios VITIGAL.com. está dividida en fiestras e seccións temáticas que tratan de facilitar os encontros e fomentar os intercambios entre as xentes e as empresas do sector.

Nesas fiestras inclúense tanto directorios reservados para as empresas, adegas, subministradores de equipos, productos e servicios de todo tipo (p.ex., nas fiestras dedicadas as EMPRESAS, SERVICIOS, SEGUNDA MAN), nos que iremos incluíndo novas empresas e as direccións de contacto e que se ofrecen gratuitamente ás empresas do sector. Co tempo tamén temos pensado en ofrece-la oportunidade de alugar espacios de comunicación, para aquelas empresas as que lles interese detallar polo miúdo os productos e servicios que comercializan.

As xentes que tiramos do carro de VITIGAL.com. somos xentes que traballamos na Universidade, polo que este portal tamén nace con unha certa vocación didáctica, de extensión e divulgación, polo que aproveitaremos outras fiestras (ESCOLA VIRTUAL, FORMACIÓN, INVESTIGACIÓN) para incluír contidos que teñen un compoñente didáctico, cursos e cursiños (de ENOLOXÍA, de VITICULTURA, etc.), críticas e comentarios sobre libros, traballos de extensión (p.ex., prácticas sinxelas para que os viticultores poidan valora-la calidade da colleita no parágrafo CALIDADE).

VITIGAL.com. tamén quere atender os temas relacionados coa FORMACIÓN E EMPREGO apartados os que lles reserva unha fiestra, na que atoparedes dende novas relacionadas con cursos e masters, ata espacios reservados para que os novos titulados inicien a súa andaina nas empresas do sector vitivinícola. Temos moitas esperanzas postas na bolsa de traballo que aparece na fiestra OFERTAS E DEMANDAS DE EMPREGO e confiamos que co tempo, converterase nunha referencia para o sector.

VITIGAL.com. tamén quere ser fiestra aberta a outras realidades vitivinícolas, que sirva tanto para que as nosas xentes coñezan as viñas, as paisaxes e os viños de outras partes do mundo, pero tamén para que a comunidade virtual que utiliza a rede poida asomarse o sector vitivinícola galego. Tanto a fiestra VIÑAS E VIÑOS como a reservada para as DO GALEGAS serán as encargadas de facer posible esta aspiración e estamos traballando para organizar unha rede de corresponsais nas DO galegas e en algunha rexión vitícola importante no panorama internacional.

En outras recunchos de VITIGAL.com. temos intención de expoñer información de interese para o sector (NOVAS E AVISOS, A ECONOMIA, O TEMPO).

Polo momento non será moita, xa que a xeración de información en tempo real esixe recursos materias e humanos dos que carecemos, inda que confiamos que -pouco a pouco e coa axuda do sector- os iremos conseguindo.
Vitigal, O Portal da Viticultura- © 2004 http://www.vitigal.com