Estamos no aire, na rede, en Internet, pero
tamén en calquera punto de Galicia onde exista unha conexión
e alguén escriba a nosa dirección.
Fisicamente estamos no Edificio Politécnico do Campus
de Ourense da Universidade de Vigo, repartidos polos despachos
e laboratorios da Facultade de Ciencias (www.fcou.uvigo.es)
e da Escola Superior de Enxeñería Informática
(www.ei.uvigo.es).
Gustaríanos chegar a tódalas viñas, adegas,
empresas e xentes do sector, primeiro en Galicia e despois ¿quen
sabe?, e paseniño, paseniño aproveitaremos este
Ano Santo para comeza-la nosa andaina.
|