Reservamos esta fiestra para as novas relacionadas
coa formación e o emprego, de xeito que aquí atoparedes
dende anuncios de cursos e “masters”, ata un lugar
reservado para que as empresas e os novos titulados que queren
comeza-la súa andaina nas empresas do sector, poidan
entrar en contacto.
Temos moitas esperanzas postas na bolsa de traballo, que aparece
na fiestra ofertas e demandas de emprego e confiamos que co
tempo, converterase nunha referencia para o sector. |
Nace
unha nova institución dedicada o Ensino da Viticultura
e a Enoloxía en Montpellier |
Agro Montpellier e o INRA veñen de crear o Altos Estudios
da Viña e o Viño (IHEV), que vai comezar este
outono a impartir sete titulacións interdisciplinares
que cubrirán todo o espectro que vai dende o equivalente
o noso FPII ata o doutoramento, pasando polo diploma internacional
da OIV en xestión vitivinícola e por varios masters
(p.ex., un en viñas e viños en asociación
coa ENITA de Bordeos).
O novo quere atraer estudiantes de todo o mundo, aproveitando
os convenios de colaboración que teñen asinados
con universidades estranxeiras (Milán, Madrid, Mendoza,
e Montevideo entre outras). Tamén quere aproveita-lo
potencial local de investigación do INRA, que dispón
nesa zona de varias fincas experimentais dedicadas a conservación
das variedades, as novas tecnoloxías, a mellora xenética
e a viticultura integrada.
Estados
Unidos: vía libre para a construcción Instituto
Mondavi |
O campus con que soñaba Robert Mondavi non anda lonxe
de facerse realidade: na primaveira do ano vindeiro comezará
a súa andaina o Instituto Mondavi, que baixo o nome de
« Robert Mondavi Institute for Wine and Food Science»,
reagrupará os Departamentos de Viticultura, Enoloxía
e Agroalimentación da Universidade de California-Davis
nun campus vitivinícola único.
Serán case 40.000 m2 a repartir entre edificios docentes,
laboratorios de investigación, unha adega de 14.000 m2,
un laboratorio agroalimentario de 5.000 m2. A inversión
supón cerca de 65 millóns de €, dos que 25
púxoos o fundador do grupo Mondavi e o resto o Estado
de California. |