InicioNovas e AvisosEmpresasFormación e EmpregoEscola VirtualViñas e ViñosEconomía

o sector vitivinícola
Galicia vitivinícola
informes
estatísticas
negocios
 


O sector vitivinícola, "o viño no mundo"

Estrearemos este apartado con algúns dados macroeconómicos, para ver que en quén no mundo do viño, e tamén quén o que bebe o viño. Os dados do FAOESTAT e o informe da OIV sobre o sector vitivinícola mundial que se presentou no Congreso de Bratislava en xuño do 2002, son unha boa base de partida para que nos fagamos unha idea de quen é quen no mundo do viño.

Evolución das superficies e da producción

No devandito Congreso presentouse un informe feito entre Onivins e Ernst & Young, con unha serie de previsión -que non levan moito camiño de acertar- inda que a xeo-economía do viño, segue evolucionando arredor de tres ideas principais, que hoxe semellan ben asentadas:

·         A globalización dos intercambios de productos e servicios, na que destaca o crecemento da demanda de viño nos novos países consumidores.

·         A estabilización do potencial de producción a nivel mundial, porque a reducción da superficie en Europa compensa o crecemento das viñas nos novos países productores.

·         As políticas activas de mellora-la calidade, nas que andan practicamente tódolos productores do mundo, que se concretan as máis das veces en limitación dos rendementos

Evolución das superficies e a producción

No ano 2001 a superficie dedicada a viñas no mundo case se estabilizou (+0,06%), xa que o crecemento das viñas no hemisferio sur, compensáronse cos arranques en Europa. A OIV dixo que a colleita do 2001 foi de media a baixa, xa que a producción total baixou un 3%, pasando os rendementos medios ata 29,6 hl/ha.

Táboa 1.- Evolución das superficies, produccións e rendementos nos últimos anos

Parámetros

Anos

 

86-90

91-95

1998

1999

2000

2001

Superficie (Miles de has)

8 837

8 159

7 763

7 864

7 913

7 918

Produccións (Millóns de hl)

303,9

262,3

236,7

281,4

274,9

267,6

Rendementos medios (hl/ha)

34,4

32,1

30,5

35,8

34,7

33,8

España é o país que dedica máis superficie ó viñedo e detrás nosa veñen Francia e Italia, pero nos tres se están arrincando viñas, mentres que se plantan en case tódolos países que veñen detrás de nós na clasificación.

Táboa 2.- Países que dedican máis superficie o viñedo (miles  ha)

 

Ano

% Variación

2000

2001

2001

2002

2000-02

España

119,5

1 230

1100

1100

-8,6

Francia

861

914

857

859

-1,3

Italia

873

908

860

836

-4,2

USA

383

415

376,5

386

+0,8

China

286

326

338

353

+19

Portugal

247

261

223

250

+1,1

Argentina

199

205

202

203

+2

Chile

157

162

162

165

+5

Australia

111

131

131

143

+26,2

Sudáfrica

117

 

115

115

-1,5

Mundo

7448

 

7382

7411

-0,6

 

A superficie plantada case non aumentou (+0,06%) no conxunto do mundo, inda que sigue a medrar no Hemisferio Sur, que se compensa coas viñas que se están arrincando en Europa.

Táboa 3.- Evolución das superficies e produccións a nivel mundial

 

86-90

91-95

1998

1999

2000

2001

Superficie (Miles de has)

8 837

8 159

7 763

7 864

7 913

7 918

Produccións (Millóns de hl)

303,9

262,3

236,7

281,4

274,9

267,6

Rendementos medios (hl/ha)

34,4

32,1

30,5

35,8

34,7

33,8

Evolución do consumo e das exportacións

Os que producen máis viño non teñen porque ser forzosamente os que máis viño beben.

O consumo mundial anda sobre 220 millóns de hl e sigue medrando en Norteamérica e no norte de Europa, o que compensa a baixada do consumo en algúns dos países productores tradicionais (Francia, Italia, España, Arxentina…).



As exportacións andan polos 70 millóns de hl, destacando a tendencia a aumenta-las exportacións de Italia, España e Australia, inda que hai variacións máis ou menos importantes duns anos a outros. Curiosamente, as importacións tenden a baixar porque os países productores importan menos mentres que algúns países que non son productores están comezando a reexportar parte dos viños que mercan fora.

Táboa 4.- Evolución do consumo e o comercio do viño 
 

86-90

91-95

1998

1999

2000

2001

Consumo (millóns  de hl)

239,9

223,1

219,4

221,4

219,3

218,9

Exportacións (millóns de hl)

43,6

51,6

65,6

64,8

64,7

68,9

% dos intercambios sobre o consumo

18,2

23,1

29,9

29,3

29,5

31,5

Inda que somos os que dedicamos máis superficie o viñedo, non somos os que producimos máis viño, porque moitas das nosas viñas dan rendementos moi baixos; por eso no taboleiro no que aparecen os maiores productores España vai no terceiro lugar, por detrás de Francia e Italia.

Táboa 5.- Os maiores productores de viño no ano 2001

Millóns hl

%

Francia

33700

15,40%

Italia

30500

13,93%

España

21325

9,74%

USA

19660

8,98%

Argentina

14000

6,40%

Australie

12036

5,50%

Alemaña

10100

4,61%

Portugal

5800

2,65%

Sudáfrica

5500

2,51%

Chile

4702

2,15%

Total

218920

100%


Os que importan máis viño son os alemáns e os ingleses, pero tamén Francia importa cantidades considerables –xa sospeitades para qué-, de xeito que se pode dicir que en xeral, as importacións de viño son cousa dos países con máis nivel de renda.

Táboa 6.- Os maiores importadores de viño do mundo no ano 2001

 

Miles t

%

Alemaña

11,3

19,01%

Inglaterra

10,2

17,10%

Francia

5,2

8,75%

USA

4,9

8,23%

Holanda

3

5,05%

Bélxica

2,7

4,54%

Canadá

2,4

4,04%

Suíza

1,9

3,13%

Dinamarca

1,8

3,03%

Xapón

1,75

2,95%

Total

59

100

A cabeza dos exportadores está Italia, seguida de Francia e España vai despois a moita distancia dos novos productores, que están aumentando rapidamente as súas exportacións, que se irán disparando conforme se vaian caendo os aranceis.

Táboa 7.- Os maiores exportadores de viño do mundo no ano 2001

 

Miles t

%

Italia

18,3

26,54%

Francia

15,8

22,91%

España

9,9

14,42%

Australia

3,8

5,74%

Chile

3,1

4,48%

USA

3

4,29%

Alemaña

2,4

3,44%

Portugal

2

2,90%

Africa do Sur

1,8

2,55%

Moldavia

1,6

2,32%

Total

69

100

Vitigal, O Portal da Viticultura- © 2004 http://www.vitigal.com